Inés Vázquez Ramallal gaña o Concurso de BD da Mariña

O certame encádrase nos VI Encontros de BD que organiza o IES Perdouro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Páxina de Sempre Abril

Páxina de Sempre Abril

No marco dos VI Encontros de Banda Deseñada da Mariña que organiza o IES Perdouro de Burela, coñecemos hoxe os gañadores do Concurso de Creación de BD. Inés Vázquez Ramalla, alumna da escola O Garaxe Hermético, impúxose na categoría aberta coa obra Sempre abril. Na mesma quedou segundo o traballo A eternidade dun intre de José Miguel Martínez García e Óscar López Gómez. Na categoría escolar ata 18 anos gañou Daniel Noya Pintos do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra pola banda deseñada Fálame do Mar, mentres na de autores ata 14 anos impúxose Carolina Cordido García do CEIP de Cervo coa obra Piricadas.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Garaxe Hermético, Burela, Xunqueira...