Cartas de inverno celebra os 100.000 exemplares vendidos

Xerais publica unha edición especial do libro de Agustín Fernández Paz

28/11/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Edicións Xerais acaba de anunciar o lanzamento da trixésimo quinta edición de Cartas de Inverno, novela para o público xuvenil de Agustín Fernández Paz. A edición ten de particular que conmemora os 100.000 exemplares vendidos desta obra, que saíu á luz por vez primeira en 1995 no marco da colección "Fóra de xogo". O novo lanzamento incorpora unhas capas en flexibook, con doce ilustracións orixinais de Antonio Seijas e o texto Doce + nove: vinte un anos despois do propio Fernández Paz. A cifra supón unha marca na literatura galega moderna, e sitúa a obra como unha das máis vendidas na nosa lingua, por detrás só de fitos como Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Antonio Seijas, Literatura, Edicións Xerais...