Galaxia debuta na novela gráfica con Nómades de Xosé Tomás

A obra inicia a nova colección da editora viguesa na novena arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Nómades de Xosé Tomás

Capa de Nómades de Xosé Tomás

Chega a primeira entrega da que será a colección que a editorial Galaxia lle dedica á novela gráfica. Nómades, de Xosé Tomás, é unha historia de arredor de cincuenta páxinas a toda cor, que con extras chega a un volume dunhas oitenta.
Segundo explica o autor, a obra "achega unha visión da emigración a través de historias de mulleres. Cada capítulo leva o nome e céntrase nunha protagonista que vai dun lugar a outro. Hai unha muller que cruza o estreito e chega a un lugar como España, outra que podería ser cubana e que chega aquí como médica". O autor botou dous anos de documentación para facer esta visión da emigración, dirixida a un público adulto. A obra preséntase o vindeiro 19 de outubro, as 20 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela. O evento contará coa presenza do autor, do editor Francisco Castro e mais do director de cinema Jorge Coira. A obra sae á venda cun prezo de 11,80 euros.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Tomás, Xosé Tomás, Ánxel Casal, Jorge Coira...