A capital do mundo é o tÃtulo co que a editorial Galaxia abre a nova colección Biblioteca Xavier Alcalá. Esta é a segunda ocasión no que a entidade lle dedica unha serie temática a un autor libro, logo da que iniciou sobre Xosé Neira Vilas antes do falecemento deste autor. A novela, novo traballo de Alcalá, narra unha historia de emigración feminina a Cuba e Nova York a través da visión dunha muller que foxe dun amor imposible e do adulterio nos últimos anos 50.
O web da editora recolle tamén baixo o epÃgrafe desta colección a reedición de A nosa cinza, unha das obras máis coñecidas deste autor. A firma adianta ademais que no seo desta Biblioteca verá a luz a segunda parte do volume que abre a colección.
Segundo lembra Galaxia, Alcalá, nado en Ciudad Real en 1947, publicou ata o momento as novelas Voltar, seis personaxes e un fado (1972), A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obterÃa o Premio Blanco Amor no ano 1998.
Tamén é autor da triloxÃa “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia nas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012 publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución cubana e The Making of (2018) onde aborda a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.
A Feira do Libro da Coruña acolle, este 9 de agosto ás 18 horas, a primeira presentación da obra, nun acto no que o autor estará acompañado de Xulio López Valcárcel, escritor, e Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.