Acumúlanse as novidades de banda deseñada galega nos primeiros meses deste 2022. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega presentaba este 28 de xaneiro en Lugo o último traballo do veterano Xosé Tomás, na que o autor se achega aos contos de Ánxel Fole. Contos de seu "non é unha obra sobre Ánxel Fole, nin unha interpretación. Máis ben trátase dun acercamento á esencia dende un medio diferente, como é o dos cadriños", segundo explica o autor. A obra está á venda no web da AS-PG a un prezo de dez euros.
Pola súa banda, Euseino? Editores debuta no campo da novena arte coa presentación de Aventuras espaciais de T e Ronni. O título supón o debut do vigués Maks nunha aventura que mestura a ciencia ficción e a retranca para a contar a historia dun curioso dúo. Segundo explica a editora, "T e Ronni lánzanse á aventura para se enfrontar con enxeño a perigos e situacións extraordinarias. Nesta viaxe iniciática, ou periplo do heroe, os protagonistas han percorrer longas distancias e loitarán con calquera obstáculo que atopen no camiño".
Tamén Xerais achega unha novidade á súa colección Merlín Cómic. Jorge Campos asina Capitán Lentella. Aventura a todo gas, obra na que Lalo e Rufino, "dous valentes viaxeiros espaciais, queren dar a volta ao universo. A súa primeira parada é a Terra, onde atoparán aventuras, amigos e unha malvada mosca que está a facer das súas agochada baixo a superficie. Como poderán vencela? Parece que o único xeito é espertando o gran poder que todo lentellón leva dentro".
Finalmente, da man de Edicións Embora, o histórico Xaquín Marín presenta este mes Que tempos!, obra que recolle en 158 páxinas os cadriños que o autor publica na revista Tempos Novos.