Un ensaio sobre Xosé Díaz Jácome leva o XXIV Premio Literario Ánxel Fole

Armando Requeixo fíxose cos 9.000 euros do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xosé Díaz Jácome. Poeta e xornalista é o título do ensaio co que Armando Requeixo acaba de gañar o XXIV Premio Literario Ánxel Fole. O autor, que levará 9.000 euros, percorre no seu traballo a biografía deste intelectual, achegando ademais abondosos documentos e fotografías sobre este autor. Requeixo reivindicou a importancia de Díaz Jácome e apuntou que non logrou maior trascendencia "por ser humilde". O premio está convocado pola Fundación Caixa Galicia e mais El Progreso.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Armando Requeixo, El Progreso, Fundación Caixa Galicia