Berta Dávila faise co XIX Premio de Poesía Díaz Jácome

A autora recibirá un galardón de 1.500 euros pola súa obra Limiar

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O xurado da XIX edición do Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores acordou concederlle este galardón á compostelá Berta Dávila. O seu poemario Limiar valeulle á autora o premio de 1.500 euros en metálico que concede o Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación de Lugo. Canda a ela, ficou en segundo posto o pontevedrés Alexandre Fernández Peón, que recibirá 600 euros pola súa Crónica bélica da devastación en cinco minutos. Pola súa banda a luguesa Laura López Esteban, fíxose co terceiro premio, dotado con 300 euros, coa obra Renacer. Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María Felpeto foron os responsables da selección entre os orixinais que se presentaron ao galardón. A entrega dos galardóns realizarase o vindeiro 1 de decembro sábado 1 de decembro a partir das 12:15 horas no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berta Dávila, Poesía, Concello de Mondoñedo, Armando Requeixo...