Belén Senín gaña do Premio de Poesía Díaz Jácome

É o primeiro galardón para esta autora de 18 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

María Belén Senín, autora de Valga de 18 anos, foi a gañadora da décimo oitava edición do Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores. O seu poemario A Culpa foi seleccionado polo xurado deste galardón, que convocan o Concello de Mondoñedo e a Deputación de Lugo e que está aberto a creadores de ata 30 anos. A autora recibirá un premio en metálico de 1.500 euros, mentres un segundo premio de 600 foi para Iris Carro, pola obra Transgredir a alma. Canda a elas, obtivo o terceiro posto Héctor Acebo, da localidade asturiana de San Tirso de Abres por A carriola do merlo. A entrega dos galardóns desenvolverase este sábado, 16 de decembro a partir das 12.15 horas no Concello de Mondoñedo.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello de Mondoñedo, Deputación de Lugo