Mateo Buján faise co premio de poesía Díaz Jácome

Antía Juncal obtivo o segundo posto no certame para novos poetas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ti vichesme o outro día é o título da obra coa que Mateo Buján acaba de se facer co primeiro premio do Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores na súa XVI edición. O xurado recoñeceu un traballo deste mugardés cos 1.500 euros de premio, mentres o segundo posto, dotado con 600 euros, foi para a obra Turxencia na pel de Antía Juncal Avendaño, e o terceiro, de 300 euros, para Raúl Costas Pereira. A entrega dos galardóns realizarase o vindeiro 19 de decembro no Concello de Mondoñedo, que convoca o premio en colaboración coa Deputación de Lugo.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello de Mondoñedo, Deputación de Lugo