O XVII Premio de Poesía Díaz Jácome vai para Compostela

Alba Sánchez Ares impúxose no certame que convoca o Concello de Mondoñedo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

De Ela é o título do poemario co que a autora compostelá Alba Sánchez Ares acaba de se facer co XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores. O certame, que convoca o Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación de Lugo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo conta cun primeiro premio de 1.500 euros. O segundo premio, dotado con 600 euros, foi para Tamara Andrés Padín por O suicídio da camelia, mentres Daniel Irimia quedou en terceira posición e levará 300 euros. A entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro 10 de decembro na Casa do Concello de Mondoñedo.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Mondoñedo, Poesía, Ares, Tamara Andrés...