Galaxia presenta a novela gráfica Rosalía oculta

A obra de Paula Mayor levou o Premio Castelao de Banda Deseñada en 2023

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Galaxia presenta a novela gráfica Rosalía oculta

A coincidir coa celebración, este 23 de febreiro, do Día de Rosalía, a editorial Galaxia presentaba Rosalía oculta. A obra coa que Paula Mayor obtivo o Premio Castelao de Banda Deseñada en 2023 chega ás librarías nun volume de 124 páxinas a cor que "desafía as imaxes preconcibidas e nos convida a redescubrir a unha Rosalía máis humana, máis real e, sobre todo, máis viva ca nunca", segundo destaca a editora.

A novela gráfica fai un achegamento á figura da poeta a partir dunha investigación de dous anos desenvolvida por Mayor, coa intención de afondar "na verdadeira identidade de Rosalía de Castro, máis aló do mito, ofrecéndonos unha visión íntima e reveladora dunha das figuras máis importantes da nosa literatura".

Segundo anuncia a editora, sen pretender dar respostas definitivas sobre a autora, a obra quere "construír, a través da banda deseñada, un relato fragmentado e cheo de matices sobre a súa identidade, os seus conflitos e as súas loitas. Porque a súa figura, coma a súa poesía, é un quebracabezas que nunca deixamos de reconstruír".

Que che parece esta nova?
135 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Paula Mayor, Premio Castelao de Banda Deseñada, Día de Rosalía...