Chegan ás librarías dúas obras gañadoras do Premio Castelao de BD

Laura Suárez asina A raíña cadáver e Cristián F. Caruncho presenta O día de San Martiño

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Chegan ás librarías dúas obras gañadoras do Premio Castelao de BD

Os dous traballos que se fixeron co Premio Castelao de Banda Deseñada na categoría infantil e xuvenil en 2023 e 2024 están a chegar nestas datas ás librarías. Aira Editorial presenta A raíña cadáver, a obra coa que Laura Suárez obtivo o galardón en 2024. Mentres, Cristián F. Caruncho anuncia O día de San Martiño, gañadora da edición anterior do premio que convoca anualmente a Deputación da Coruña.

A raíña cadáver recrea a lenda de Inés de Castro, galega que foi raíña de Portugal despois de morta, nunha obra de 56 páxinas. Pola súa banda, en O día de San Martiño, Caruncho volta á súa ambientación de Rego Torto para presentar un western galaico de 100 páxinas con "porcos bravos bandoleiros, sheriffs de Medio Rural e a vellos personaxes" como Cabaciña e Cabazote ou Salustio que xa apareceran noutras obras do autor. A obra está autoeditada.

Que che parece esta nova?
186 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, San Martiño, Laura Suárez, Premio Castelao de Banda Deseñada...