Marilar Aleixandre faise co XI Premio Raiña Lupa de literatura infantil e xuvenil

Impúxose con A filla do minotauro no certame da Deputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Por vez primeira, unha muller leva o Premio Raiña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. O xurado deste galardón, que convoca a Deputación da Coruña, proclamaba onte a Marilar Aleixandre como gañadora da undécima edición do certame. A novela A filla do minotauro foi a seleccionada entre as 48 obras que se candidataron co galardón e reportaralle á súa autora un premio en metálico de 6.500 euros ademais da publicación da obra.

Da novela, que relata a historia dunha organización clandestina creada para salvar obras de arte, o xurado destaca "a mestura de tempos históricos" e a súa "relectura moi actual da mitoloxía grega cunha gran sensibilidade co patrimonio cultural". Asimesmo, salientou que o texto admite "moitos niveis de lectura". Ademais, tamén declarou como finalista a obra Como bágoas de dragón da escritora Andrea Maceiras e recomenda a súa publicación.

O xurado estivo composto por Héctor Cajaraville, Charo Pita, Antonio Reigosa, Pilar Sampedro e María Solar coa vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín como presidenta e a xefa de sección da área, Manuela Muñiz, como secretaria.

Que che parece esta nova?
114 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marilar Aleixandre, Literatura, Deputación da Coruña, María Solar...