Héctor Cajaraville leva o X Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil

A Deputación da Coruña convoca o galardón, dotado con 6.500 euros

23/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Vidas cruzadas é o título da obra coa que Héctor Cajaraville, gañador do último premio Xerais, acaba de se facer co X Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. O xurado deste galardón que convoca a Deputación da Coruña sinalou que a obra "trata un tema actual, con ingredientes abondo para atraer o interese dos lectores e lectoras" así como "a boa construción das personaxes, con personalidades complementarias, que empatizan co público mozo, o sentido do humor, o carácter interxeracional e o final circular". Cajaraville impúxose co seu traballo entre os 27 presentados e fíxose co galardón, dotado con 6.500 euros e a publicación da obra.

O xurado estivo composto por María Paz Castro Piñeiro, Mª de las Mercedes Cerdeira Uría, Esther Gómez Suárez, Begoña Llamosas Albizu e Fernando Molezún Rodrígue, actuando como presidente Xosé Regueira Varela, deputado presidente da Comisión de Cultura e como secretaria Mercedes Fernández-Albalat Ruiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Héctor Cajaraville, Literatura, Deputación da Coruña, Humor...