O XI Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que convoca Baía Edicións, foi para Héctor Cajaraville. A súa novela Aurora Austral foi escolleita polo xurado e reportaralle ao autor 2.000 euros en metálico, ademais de ser publicada pola editora que organiza o galardón.
O xurado, composto por Tensi Gesteira, Emma Pedreira, Conchi Regueiro, Ánxela Gracián e Belén López, valorou da obra o se tratar "dunha historia de aventuras ambientada nun universo distópico non moi distante do noso, con gran dose de crítica sociopolítica e que busca poñer o foco sobre o modelo de mundo ao que nos diriximos". Ademais, salientou o estar escrita "nun estilo dinámico e fluído, con diálogos cribles que interpelan ao público lector".
Pola súa banda, Rafa Vilar alzouse co XVIII Certame de Relatos da Sociedade Liceo de Noia. O seu traballo A penúltima estación recibirá un premio de 1.000 euros en efectivo e será publicado no vindeiro número da revista Alameda, que publica o Liceo. Xerardo Agrafoxo, Pedro García Vidal e Antón Riveiro Coello conformaron o xurado encargado da selección de traballos.