Héctor Cajaraville gaña o Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil

Trátase dunha novela de aventuras titulada Denébola a Roxa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un xurado constituído por Andrea Maceiras, Conchi Regueiro, María Dores Fernández López, Marica Campo e María Belén Löpez Vázquez concedeu por unanimidade o sétimo premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra Denébola a Roxa de Héctor Cajaraville. O autor farase con 2.500 euros e a edición da obra. Segundo o xurado: "Denébola a Roxa é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, ambientada no século XVII que relata o desafío dunha muller afouta nun mundo de homes. A protagonista, Denébola, que comparte nome coa estrela máis brillante da constelación de Leo, loitará pola procura dun destino máis luminoso que o que seu pai elixiu para ela. Marcada desde o nacemento pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, tentará rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas da súa propia vida."

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Héctor Cajaraville, Literatura, Marica Campo, Andrea Maceiras