Andrea Maceiras gaña o premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil

Miña querida Sherezade está pensado para lectores de máis de 12 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A sexta edición do Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil foi para Andrea Maceiras. A obra Miña querida Sherezade valeulle á autora os 2.500 euros do galardón e será publicada por Baía Edicións. O xurado destacou "a excelente estrutura especular" e mais a "fluidez narrativa" dun traballo que parte das historias de As mil e unha noites. A novela de Maceiras está indicada para lectores a partir de 12 anos.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Andrea Maceiras, Literatura, Narrativa, Baía Edicións

Claves

Protagonistas
Entidades