A escritora An Alfaya (Vigo, 1964) coa novela O grup resultou a gañadora do XII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. Un xurado composto polas escritoras Marilar Aleixandre, Andrea Maceiras, Eva Mexuto e Ánxela Gracián, coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, como presidenta elixiu, por unanimidade, a novela O grupo, presentada co lema Vulnerables ,como gañadora do XII Premio Raína Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, que ten como premio 6.500 e a publicación da obra. Pola alta calidade das obras presentadas, o xurado decidiu nomear como finalista a obra Revolución detrito do escritor e xornalista Xosé García Rodríguez (Barcelona, 1970).
A novela O grupo parte, como explica o xurado, "dunha situación pouco usual de cinco rapaces que se reúnen nun centro cívico para ser tratados por unha traballadora social a través da posta en común das súas experiencias traumáticas". O xurado estima que a novela de An Alfaya é "moi recomendable para o lectorado xuvenil e representa os conflitos tratados desde unha perspectiva de conciencia compartida". Por outra banda, o xurado recoñece en Revolución detrito de Xosé García Rodríguez "unha narrativa áxil, unha historia engaiolante de resistencia da xente máis desfavorecida, a que ten que facer do lixo o seu modo de vida, contra a ditadura". Salienta tamén o sentido do humor e o ritmo da novela.