
Ao abeiro da data, a Biblioteca de Galicia abría este 22 de outubro Contando películas: a evolución do espectáculo cinematográfico en Galicia. A exposición, que se poderá ver ata o vindeiro 31 de maio propón un percorrido pola historia do cinema no país a través de máis de 200 pezas entre as que se atopan libros, publicacións, carteis, programas de man e fotografías. Para o día 24, o centro celebra unha xornada de portas abertas e acollerá o espectáculo de Tanxarina Títeres A biblioteca galáctica contra a IA fantástica. Tamén en Compostela, a Biblioteca Pública Ánxel Casal realizará unha visita guiada ás súas instalacións, ademais dun concerto de Paco Nogueiras e, xa no sábado, Brais das Hortas e Peter Punk ofrecerán o Concerto PunkInfantil.
No marco da efeméride, a Biblioteca Pública da Coruña celebra a sesión de contacontos Contamaxias: maxia divertida a cargo do Mago Paco e, no sábado, o espectáculo musical Ondamini con Mamá Cabra. En Pontevedra, o obradoiro Papalibros amosará o xeito de crear obras artísticas con follas de libros vellos para completar un mural, e ata o vindeiro 31 a proposta A biblioteca que imaxinas convida a facer outro mural con ideas para estes espazos.
A Biblioteca Juan Compañel de Vigo realizará dúas visitas guiadas no día 24 e acollerá a sesión de contacontos O baúl dos soños a cargo de La compañía espectacular! Para sábado, a sesión de narración oral estará a cargo de Spinderella, da Academia Bastón. En Ourense son rutas pola cidade a seguir o percorrido da Esmorga agrande actividade do día 24. Para sábado Sabela Gago artella un xogo de animación á lectura a combinar as letras da palabra biblioteca. A Biblioteca de Lugo, á súa vez, combina as visitas guiadas co espectáculo Feo de Caramuxo Teatro e mais cun concerto de canto gregoriano.
Completa as propostas dos centros autonómicos A Furgoteca que neste 24 de outubro celebra un obradoiro de marcapáxinas en Baleira (Lugo) e o día 25 celebra o Escape Room Os misterios da bibliotecaen Verea (Ourense).









