
Pola súa banda, desde a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura anúnciase o comezo de celebracións temáticas na data a partir deste ano. Deste xeito, incorpórase o lema Aptas para todos os públicos ás celebracións e este ano céntrase a conmemoración na igualdade de xénero neste campo.
A coincidir coa data, a Real Academia Galega acaba de publicar no seu web un manual Sobre el modo de ordenar, y componer una librerÃa escrito no século XVIII polo monxe alemán Oliver Legipont e conservado na biblioteca de Emilia Pardo Bazán.