Os recintos bibliotecarios do país súmanse hoxe con diferentes actividades á celebración do Día da Bliblioteca, unha conmemoración xurdida en 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante a guerra dos Balcáns. As bibliotecas da rede autonómica, dependentes da Xunta de Galicia programan actuacións, obradoiros, xornadas de portas abertas, contacontos, visitas guiadas, liberación de libros e mostras bibliográficas. A Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago programa unha xornada de portas abertas con visitas guiadas; unha sesión de contacontos para bebés ; unha actividade de formación de usuarias infantís co título Quen matou a bibliotecaria? na que os participantes coñecerán os traballos desenvolvidos na biblioteca mediante a recreación da xornada da bibliotecaria asasinada. Tamén se fará entrega de lotes de libros aos "superlectores" infantís e adultos. Co obxectivo de estimular que o pracer pola lectura entre polos ollos, o día 24 a biblioteca arranca o seu V Concurso de Fotografía "Lendo en Compostela", con imaxes que suxiran interese polos libros e a lectura na cidade.
Os contos tamén serán protagonistas na Biblioteca Pública de Lugo, que programa ás 18:00 h. a sesión Conto de outono: a nena do farol. Durante todo o día, as persoas que se acheguen á biblioteca poderán levar de balde un libro e un marcapáxinas co lema Anímate a ler!. A Biblioteca Pública de Ourense instalará o día 24 na rúa do Paseo unha carpa para difundir os seus servizos e promover a incorporación de novos usuarios. O persoal técnico da biblioteca tamén realizará, ao longo de todo o día, "Consultorios literarios", nos que ofrecerán receitas personalizadas para cada persoa en función do seu perfil lector. Pola tarde, ás 18:30 h. haberá unha visita especial, da man da "fada da biblioteca", para que nenos e nenas se acheguen aos libros que atesoura. Na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Trinketrinke Teatro ofrecerá a sesión de contacontos Paxariños, para a rapazada a partir de 3 anos, con entrada de balde ata completar a capacidade. Con cada préstamo efectuado ese día, grandes e pequenos levarán de agasallo un marcapáxinas.
Na Coruña a Rede Municipal de Bibliotecas organiza dúas xornadas especiais nomeadas As bibliotecas nos mercados, nas levará a actividade cultural fóra dos seus propios recintos. Así, nas mañás dos días 24 e 25 de outubro, a cidadanía que visite os mercados municipais das Conchiñas, Elviña, Monte Alto, Praza de Lugo e San Agustín, poderá coñecer de primeira man a rede de bibliotecas xa que as BMC ocuparán un dos postos, actualmente baleiros, dos que dispón cada unha destas prazas de abastos, coa finalidade de ofrecer información dos seus diversos obradoiros, charlas, clubs de lectura e outros servizos a todas aquelas persoas que se acheguen ata os mesmos. Pola súa banda, tamén na Coruña, a Real Academia Galega súmase a esta celebración aproveitándoa para seguir conmemorando o centenario das Irmandades da Fala. A institución renderalle homenaxe a un dos fundadores desde movemento, Antón Villar Ponte, amosando unha escolma do seu fondo bibliográfico particular. A exposición poderá verse ao longo de toda a semana na biblioteca da Academia (Rúa Tabernas, 11 A Coruña). Os visitantes recibirán como agasallo un exemplar dA Terra Chá, poesía e paisaxe, o discurso que o poeta Manuel María, protagonista do Día das Letras Galegas de 2016, pronunciou co gallo do seu ingreso na RAG no ano 2003.