
Os homenaxeados
Francisco DÃaz-Fierros (VilagarcÃa de Arousa, 1941) é doutor en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de EdafoloxÃa e QuÃmica AgrÃcola nesta universidade, participou activamente na investigación sobre solos galegos, climatoloxÃa agraria, interacción solo-auga e o efecto dos incendios forestais. Ademais da súa actividade cientÃfica, DÃaz-Fierros defendeu unha visión humanÃstica da ciencia, realizou ensaios e traballos sobre a relación entre a ciencia, a cultura e o galego. Foi un dos membros fundadores do CCG onde tivo diferentes cargos de responsabilidade. Impulsou a creación da Sección de Ciencia e contribuÃu a manter unha liña de traballo continuada que prestou atención á cultura cientÃfica e a promover publicacións cientÃficas en galego.
Kathleen Nora March (Rochester, Nova York, 1949) é unha filóloga e investigadora estadounidense especializada en estudos hispánicos, latinoamericanos e portugueses, con especial dedicación á literatura galega. Doutorouse en FiloloxÃa Hispánica e foi profesora de Español na University of Maine, onde tamén dirixiu o Centro de Estudos Galegos. Boa parte da súa carreira estivo orientada á tradución, difusión e análise crÃtica da literatura galega, nomeadamente da obra de RosalÃa de Castro, co que contribuÃu de forma notable á proxección internacional da literatura galega. En 1985 fundou a Galician Studies Association, xénese da actual Asociación Internacional de Estudos Galegos, creada co obxectivo de promover a investigación no eido das letras galegas desde a academia norteamericana e despois ampliada ao ámbito internacional. No CCG foi a impulsora e coordinadora cientÃfica do proxecto Seara, un espazo web que ofrece en galego e en inglés unha escolma que percorre a historia da literatura galega.









