Medalla de honra do Consello da Cultura para Luis García Montero e Helena González

Recoñece a contribución á promoción da lingua e cultura galegas no exterior

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O director do Instituto Cervantes, Luis García Montero, e Helena González, profesora da Universidade de Barcelona, foron galardoados onte coa Medalla de Honra do Consello da Cultura Galega. A institución recoñece con este premio a súa "contribución na promoción da lingua e a cultura galega no exterior, e situar a importancia da diplomacia cultural e da acción exterior para o futuro da cultura galega, así como o importante peso da diáspora na conformación da imaxe da Galicia contemporánea". O acto de entrega celebrarase no primeiro trimestre de 2022. Luis García Montero é poeta e gran coñecedor de Rosalía de Castro, e está a impulsar desde o Instituto Cervantes numerosas accións conxuntas con institucións culturais vinculadas a todas as linguas do Estado. No caso de Helena González, a súa traxectoria destaca ao redor da crítica literaria feminista, a cultura popular, a literatura galega contemporánea e mais as relacións culturais entre Galicia e Cataluña.

A decisión foi tomada durante a sesión plenaria deste pasado mércores, no que ademais se aprobou a programación de actividades da institución para 2022. Nela destacan os movemento sociais e culturais na forxa da autonomía, a cultura marítima e o pasado, presente e futuro dos medios de comunicación en Galicia, así como as actividades dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Helena González, Instituto Cervantes, Rosalía de Castro, Diáspora...