O Consello da Cultura Galega entregará o vindeiro 25 de febreiro as súas Medallas de Honra. Será no Paraninfo da Facultade de Historia da USC, onde serán homenaxeados do director do Instituto Cervantes, o profesor Luis GarcÃa Montero, e a profesora da Universidade de Barcelona Helena González. O premio, instituÃdo en 2018, pretende "salientar a importancia da diplomacia cultural e da acción exterior para o futuro da cultura galega". Neste sentido, o CCG destacou que GarcÃa Montero desenvolve no Instituto Cervantes "un decidido programa na defensa da diversidade lingüÃstica e cultural de España" e Helena González Fernández, moi vinculada a diferentes proxectos do Consello da Cultura Galega, desenvolve traballos "na crÃtica literaria feminista, a cultura popular, a literatura galega contemporánea e as relacións culturais entre Galicia e Cataluña".