A Presidenta do Consello da Cultura Galega entrega hoxe pola tarde no Paraninfo da Universidade de Santiago as medallas da institución a Luís García Montero e Helena González, en agradecemento pola súa colaboración na difusión exterior da cultura galega. Falamos con Rosario Álvarez para coñecer a situación da internacionalización da cultura galega, dos países prioritarios da súa difusión e mesmo do impacto mundial das Tanxugueiras.
Que papel ocupa a diplomacia cultural na cultura galega contemporánea?
Menos do que debera. É un reto que temos que cubrir entre distintas instancias. O Consello da Cultura Galega debe animar a que se vexa ese camiño e, dentro das nosas posibilidades de acción exterior procurar que se avance nese campo. A internacionalización da cultura galega pasa por traballar dunha maneira coordinada entre as distintas instancias.
Que beneficios pensa que pode achegar a internacionalización á cultura do país?
Moitos. Algúns poden estar máis no plano simbólico e dos afectos. Ver que a túa cultura non é só coñecida, senón recoñecida, ten un valor positivo de cara a autoestima. Hai moitos elementos da cultura galega con creatividade e excelencia suficiente para falar en pé de igualdade con outras culturas. Pero tamén hai un retorno económico na medida en que hai unha marca Galicia que queremos que se recoñeza no mundo e que vai ligada a unha excelencia de produto que tamén forma parte da nosa cultura. Pero ese retorno tamén se aplica a produtos máis ligados á idea tradicional de cultura: audiovisual, música, literatura, pintura e moitos ámbitos da creación. Que os nosos creadores teñan un recoñecemento e unha vía de explotación do seu traballo fóra é positivo.
Vostede ten enumerado dentro do CCG a presenza da internacionalización como unha das vías de traballo do Consello da Cultura Galega, con áreas xeográficas prioritarias
Cando nós falamos desde o Consello de aproveitar terreos minimanente fertilizados, pensamos naqueles países nos que xa houbo unha emigración tradicional galega e nos que a palabra Galicia e galego non lles resulta estraña, pero que ao mellor teñen unha imaxe de Galicia vella e distinta á que nós queremos proxectar. Por suposto, cos países de fala portuguesa, nos que hai unha conexión lingüística lóxica que está en gran medida sen aproveitar. Noutros casos, son países cos que temos vínculos ancestrais que reflicten unha comunidade cultural que se continúa a recoñecer. Son os países do Arco Atlántico. Outra das vías que nós vemos é a Europa dos pobos. A nosa cultura reclámase profundamente europea, e o continente é un mosaico de pobos con culturas e identidades. Ao mellor non existen os vínculos directos, pero recoñecémonos nunha mesma situación, ás veces de marxinalidade ou de precariedade. Pode haber aí unha comunidade de intereses. E logo están os grandes centros culturais do mundo. Non precisamos ter moitos galegos emigrados en Nova York para saber que Nova York é un punto de internacionalización que lle interesa á cultura galega. E quen di Nova York, di Berlín, París ou Londres. Hai capitais culturais que son unha especie de plató no que se teñen que atopar as culturas do mundo para falar en pé de igualdade.
As medallas deste ano concédense a Luis García Montero e Helena González, dous perfís persoais e profesionais moi distintos.
Unha das medallas ten que ver con que nós aproveitamos a forza de Galicia como nación espallada polo mundo para crear lazos con outras culturas, países ou realidades, e agradecemos ás persoas que actúan como abrazo cultural. É o caso de Helena González, que non se reduce só a Cataluña, senón que é unha persoa que desde a súa posición está en conexión con moitas outras redes e universidades, que tamén reciben noticia da cultura galega. No caso de Luís García Montero é distinto. É unha persoa que sen pertencer ao noso sistema cultural ten a sensibilidade para percibir e apreciar a cultura galega e ser quen de abrir portas para ese diálogo. Agora desde a súa posición como director do Instituto Cervantes comprende e asume de maneira íntima e convencida a realidade pluricultural e plurilingüe de España e sabe que identificarse cunha cultura non supón unha agresión a outra.
Nas últimas semanas vivimos un abraiante fenómeno de internacionalización: as Tanxugueiras. Que opina do que sucedeu?
Paréceme un fenómeno extraordinario, que non sei se se podería ter producido noutra coxuntura. Elas gañaron perdendo. Conseguiron que toda Galicia, sen importar a cor, se puxesen detrás delas, cun gran sentimento de identidade que floreceu nese momento. Había un sentimento de orgullo, de deixar todo tipo de diferencia ideolóxica ata o punto de que parecía que nos ía a vida niso. E era Eurovisión! Todos os culturetas que na vida veriamos unha gala de Eurovisión estabamos aí...! Non sei se conseguiriamos ter un escritor ou escritora con tanta unanimidade para un premio Nobel. Pero tamén o que conseguiron fóra de Galicia, con declaracións de xente de todo tipo, ata do ámbito da política, protestando por como sucederon as cousas no festival. E todo iso conseguiuse con tres pandeiretas!
Que pode aprender a cultura galega deste fenómeno?
Creo que é un mixto de varias cousas. O feito de seren tres rapazas con presenza, cun empoderamento positivo. E tamén a creatividade e autenticidade, que lles valía tanto para ir a Eurovisión como ao Festival do Mundo Celta de Ortigueira. Esa exhibición dunhas raíces auténticas e iso sumado á creatividade e calidade que teñen como músicas, e que usaron sen pediren permiso a ninguén.
Poderiamos pensar que existen menos prexuízos dos que cremos en relación á cultura galega...
Ou que elas atoparon a forma de botalos abaixo. Creo que o crebaron coa autenticidade que transmiten. Non hai posibilidade ningunha de dicir que isto é unha montaxe ou unha pose. E non é un produto de marketing como algunhas destas estrelas rutilantes que saíron ultimamente. É como unha rebelión contra o artificio que pode haber en moitas carreiras que van programadas e contan co apoio de lobbies mediáticos. Todos podemos dicir: "Tanxugueiras é un dos meus". Se elas poden, é que se pode.