A sede do Consello da Cultura Galega acolleu este 3 de novembro a xuntanza do seu plenario no que se aprobou o plan de acción da institución para 2023. A celebración dos 40 anos da entidade, a potenciación da acción exterior e a aposta pola internacionalización da cultura marcan as liñas de acción previstas. Na xuntanza incorporouse ao pleno Xesús Palmou en representación da Real Academia Galega de Xurisprudencia.
Como un dos pratos fortes do programa para o vindeiro ano, a entidade abordará a celebración das súas catro décadas de existencia mediante diferentes actos institucionais e programas arredor de tres eixes temáticos. Nun primeiro repasarase a historia a partir das actividades, persoeiros ou fitos máis salientados deste tempo. Unha reflexión "sobre a institucionalización da autonomía galega e o papel da cultura e da xestión cultural dentro desa evolución" e unha análise "sobre o futuro do país a partir de sete temas centrais" serán os outros focos de actuación.
Neste último campo celebrarase entre marzo e novembro o foro Pensar o mundo desde Galicia. Información no mundo da posverdade, humanismo e novas tecnoloxías, a calidade da democracia, sustentabilidade ecolóxica ou Sociedades multiculturais e o papel do galego serán temas que se abordarán no marco do programa.
A seguir as liñas estratéxicas que marcan a actividade anual do Consello, 2023 dedicarase tamén a analizar "o papel da cultura na construción da Galicia contemporánea e á internacionalización da cultura galega", para o que a entidade desenvolverá "accións específicas para incrementar a presenza e coñecemento da cultura galega a nivel internacional".
Este día 2 a presidenta da institución, Rosario Álvarez, compareceu ante o Parlamento para adiantar estas propostas acción e dar conta da programación desenvolvida durante 2022. En total a entidade realizou ao longo deste ano un total de 81 actividades, das que máis da terceira parte foron fóra de Compostela. Catro novas exposicións sumáronse ao catálogo activo, que durante o último ano levou 10 mostras a 15 localizacións diferentes. No campo da asesoría, o Consello realizou 28 informes de diferentes tipos.
De cara ao vindeiro exercicio, o CCG contará cun orzamento total de 3.075.773 euros, cun incremento de 233.373 a respecto de 2022 que supón a maior suba destas contas desde o ano 2009.