'Decorado' estréase hoxe en 27 salas comerciais

En Galicia pode verse a nova longametraxe de Alberto Vázquez en Vigo e Narón

En Galicia pode verse a nova longametraxe de Alberto Vázquez en Vigo e Narón
Fotograma de 'Decorado'
'Decorado', a nova película do premiado ilustrador e realizador Alberto Vázquez, que conta con catro premios Goya na súa traxectoria, chega hoxe ás salas de cine comerciais de toda España. En total serán 27 as pantallas que acollerán a estrea esta fin de semana en distintos puntos xeografía estatal. En Galicia dúas salas programan hoxe xa a longametraxe: os Multicines Norte, de Vigo e Odeon Narón. Este filme, baseado na curtametraxe homónima de 2016 de Vázquez que lle valeu un dos seu premios Goya, combina animación para adultos, comedia negra e drama fantástico. Tras o seu paso polo Fantastic Fest de Austin (Texas, EE.UU.), onde acadou unha Mención Especial do Xurado dentro da Sección Oficial agora chega ás salas comerciais.



En 'Decorado' un rato de mediana idade en plena crise existencial que empeza a sospeitar que todo ao seu redor é unha gran farsa tras a morte do seu mellor amigo. O que comeza como unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida desesperada cara a algo que se pareza, aínda que sexa un pouco, á liberdad. Cun estilo visual único e un enfoque mordaz sobre a existencia humana, o director, ilustrador e debuxante Alberto Vázquez, responsable de éxitos como 'Birdboy', 'Psiconautas' e 'Unicorn Wars' e gañador de catro Premios Goya, asina unha fábula escura e hipnótica sobre o control social, o artificio da vida e a fraxilidade das nosas certezas. Trátase dunha obra provocadora e fermosa, selo deste realizador, destinada a converterse nunha das películas de animación máis aclamadas e sorprendentes do ano. Está producida por Abano Producions, Glow e Uniko con participación da TVG.