'Decorado', a nova pelÃcula do premiado ilustrador e realizador Alberto Vázquez ven de obter un importante recoñecemento na súa estrea mundial no Fantastic Fest de Austin (Texas, EE.UU.). Dentro da Sección Oficial do certame internacional o xurado decidiu outorgar unha Mención Especial á longametraxe de animación. Este filme, baseado na curtametraxe homónima de 2016 de Vázquez, combina animación para adultos, comedia negra e drama fantástico. Tras o seu paso por Austin agora prepárase para novas citas en festivais europeos, incluÃndo Fantastic Strasbourg e o Festival de Sitges 2025, no que terá lugar a estrea española. A chegada a salas comerciais está prevista para o 24 de outubro.
En 'Decorado' un rato de mediana idade en plena crise existencial que empeza a sospeitar que todo á súa ao redor é unha gran farsa tras a morte do seu mellor amigo. O que comeza como unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida desesperada cara a algo que se pareza, aÃnda que sexa un pouco, á liberdad. Cun estilo visual único e un enfoque mordaz sobre a existencia humana, o director, ilustrador e debuxante Alberto Vázquez, responsable de éxitos como 'Birdboy', 'Psiconautas' e 'Unicorn Wars' e gañador de catro Premios Goya, asina unha fábula escura e hipnótica sobre o control social, o artificio da vida e a fraxilidade das nosas certezas. Trátase dunha obra provocadora e fermosa, selo deste realizador, destinada a converterse nunha das pelÃculas de animación máis aclamadas e sorprendentes do ano. Está producida por Abano Producions, Glow e Uniko con participación da TVG.