'Eles transportan a morte' acada unha mención especial en San Sebastián

O filme estreouse en Galicia dentro do OUFF

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Presentación do filme en San Sebastián. José Miguel Viñas, Nuria Lestegás, Isabel Martínez, Valentín Estévez, Samuel M. Delgado, Luis Renart e Helena Girón.    Foto: Pablo Gómez

Presentación do filme en San Sebastián. José Miguel Viñas, Nuria Lestegás, Isabel Martínez, Valentín Estévez, Samuel M. Delgado, Luis Renart e Helena Girón. Foto: Pablo Gómez

O paso da longametraxe 'Eles transportan a morte' pola 69ª edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián trouxo un novo recoñecemento para o palmarés que vai acumulando esta produción. O filme de Helena Girón e Samuel Delgado acadou unha mención especial do xurado da sección oficial Zabaltegui-Tabakalera, a sección competitiva máis aberta e sen limitación de formatos do veterano festival, que dá cabida ao cine que busca novas miradas e formas. os realizaadores e outros membros do equipo participaron nun coloquio no primeiro dos pases do filme no festival, no que supuxo a súa estrea en España. A estrea da película en Galicia tivo lugar a pasada semana dentro da programación do Ourense Film Festival

A longametraxe, rodada en galego no orixinal, está producida por Filmika Galaika (Beli Martínez ao cargo da produción), xunto con El Viaje Films, La Banda Negra e a colombiana Blond Indian Films. 'Eles transportan a morte' (They carry death, no seu título en inglés) narra como entre a tripulación de Colón viaxan tres homes condenados a morte que canxearon as súas condenas polos riscos da viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, fuxen cargados cunha das veas da embarcación. Mentres, no “Vello Mundo”, unha muller tenta salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas viaxes tratan de burlar á morte. O filme gravouse en 2019 entre Ourense e Tenerife.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Cine, OUFF, Ourense...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares