
O realizador turco Ferit Karahan foi recoñecido co premio Carlos Velo à mellor dirección polo seu traballo en Mi mejor amigo, mentres o mellor guión foi o de Listen, de Ana Rocha de Sousa. No apartado de mellor interpretación, o premio recoñeceu o labor de Sofia Kappel en Pleasure, mentres Laura Wendel obtivo o Premio CIMA á mellor cineasta por Playground. O xurado do certame estivo composto por Iván Trujillo, Paula Cons, Patricia Roda, Manane Rodríguez e Carlos Amaral. No acto de entrega de galardóns deuse a coñecer tamén o recoñecemento ao produtor Enrique Cerezo, que recibiu o Premio OUFF Historia do Cine español.
No apartado OUFF en Curto Xoves de Comadres de Noemí Chantada foi seleccionada como gañadora na categoría de ficción mentres Mulher como Árvore resultou escolleita como mellor documental. Houbo ademais cadansúa mención especial nestes apartados para Canibalismo de Diego R. Aballe e mais para The Death: El reencuentro, de Pablo Vázquez Varela. Os premios AISGE á mellor interpretación de curtametraxes foron para Aurora Maestre e Germán Prenta. Araceli Gonda, Alba Prol e Alba Gallego formaron o comité que correu coa selección.