De esquerda a dereita: Beli Martínez, produtora, e Helena Girón e Samuel M. Delgado, directores de Eles transportan a morte. Foto: Novos Cinemas
Despois de seis días nos que o festival Novos Cinemas de Pontevedra proxectou 24 películas de máis dunha vintena de cineastas emerxentes, o festival fai públicos os premios da súa sexta edición. 'Eles transportan a morte', de Helena Girón e Samuel M. Delgado, faise co Premio Novos Cinemas á Mellor Longametraxe da Sección Oficial, o Xurado novo outórgalle o Premio á Mellor Dirección da Sección Oficial a 'Clara Sola', de Nathalie Álvarez Mesen. O Xurado da Crítica seleccionou a película 'Re Granchio', de Alessio Rigo de Righi e Matteo Zoppis, e o premio Latexos deste ano é '918 Gau', de Arantza Santesteban. A favorita do público foi 'Rendir los machos', de David Pantaleón.
Palmarés edición 06 from Novos Cinemas on Vimeo.

