Eléonore Weber, Illum Jacobi e Salka Tiziana encabezan o palmarés de Novos Cinemas

O encontro audiovisual pontevedrés fechou este 20 de decembro a súa quinta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A quinta xeira do festival Novos Cinemas fechaba este 20 de decembro dando a coñecer o seu palmarés. Il N'y aura plus de nuit, de Eléonore Weber, foi seleccionada polo Xurado Internacional, formado por Elena Duque Viña, Pela del Álamo Herrera e Nuria Giménez Lorang, para recibir o Premio Novos Cinemas á mellor longametraxe da Sección Oficial. O filme obtivo ademais unha mención do Xurado Novo. O premio deste comité á mellor dirección da Sección Oficial foi para Illum Jacobi polo seu traballo en The Trouble with Nature. O xurado da crítica, pola súa banda, outorgou o seu premio a Tal día hizo un año de Salka Tiziana.

Anunciaron Tormenta, de Javier Fernández foi recoñecido co Premio Latexos, mentres o público seleccionou Dramarama de Jonathan Wysocki como o seu filme preferido. Dalibor Baric obtivo tamén unha mención do Xurado Internacional por Accidental Luxuriance of the Translucent Watery Rebus.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves