O festival Novos Cinemas fechaba este 15 de decembro a novena xeira en Pontevedra dando a coñecer o seu palmarés deste ano. O filme Eastern Anthems, de Matthew Wolkow e Jean-Jacques Martinod levou o premio que leva o nome do evento. A produción fíxose tamén co Premio á Mellor Dirección da Sección Oficial, concedido polo Xurado Novo.
O xurado oficial destacou desta coprodución entre Canadá, Estados Unidos e Ecuador a súa "sublime maneira de navegar e combinar diferentes linguaxes plásticas, tecendo unha polifonía humana que abraza o azar, o erro e o risco".
Pola súa banda, Los capítulos perdidos, de Lorena Alvarado, obtivo unha Mención Especial do xurado oficial e fíxose co Premio do Xurado da Crítica "pola súa capacidade de reflexionar sobre a memoria, o amor e a perda a través dun modelo de produción innovador".
O premio da sección LATEXOS foi para Los reinos, de Manuel Muñoz, mentres a sección CERES galardoou Configuración de un umbral, de Paolo Natale, Daniel Rodríguez e Sandra del Moral Abolafia. O premio do público foi para The Human Hibernation, de Anna Cornudella.
De xeito paralelo, a Asociación Sindical Galega de Guionistas daba a coñecer este 13 de decembro o fallo do VI Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego. As Crechas, texto para unha longametraxe presentado por Inés Pintor valeulle á autora facerse cun premio de 2.000 euros en metálico.
O xurado, composto por Sara Varela, Ángel Manzano e Víctor Sierra, destacou da peza o ser "un sopro de autenticidade tanto na súa forma como pola veracidade dos personaxes, situados na Coruña de inicios dos 90". Ademais, recibiron diplomas de recoñecemento Miguel Fernández por A comuñón de Breixo, e Jorge Algora por Para que non me esquezas.