Stefan Djordjevic imponse no palmarés do X Novos Cinemas

O director serbio obtivo os premios do xurado e do público do festival pontevedrés con Wind Talk To Me

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Stefan Djordjevic imponse no palmarés do X Novos Cinemas

A décima xeira do festival Novos Cinemas fechaba as súas portas este 14 de decembro coa entrega dos seus galardóns. O filme Wind Talk To Me, dirixido polo serbio Stefan Djordje impúxose no certame ao obter o Premio Novos Cinemas e mais o do público.

Canda a este galardón, o xurado concedeulle unha Mención Especial a The Crowd, de Sahand Kabiri. Yrupẽ, de Candela Sotos, fíxose á súa vez co Premio Latexos, mentres na sección Ceres, dedicada a escolas de cinema, a produción galardoada foi Cama de lavado de María Lima.

No mesmo apartado, houbo unha mención especial a Todo dicho, de Nel González. Chus Domínguez, con Glass Bottom Ferry, obtivo o Premio da Crítica desta xeira, e Us and the Night, de Audrey Lam, recibiu una Mención Especial.

O xurado novo recoñeceu co seu premio a Sahand Kabiri co Premio á Mellor Dirección por The Crowd, e outorgoulle unha Mención Especial a Daniel Vidal por La anatomía de los caballos.

Que che parece esta nova?
122 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Anatomía, Escolas

Claves