
No apartado Latexos proxectaranse os filmes Anunciaron tormenta de Javier Fernández Vázquez, La última primavera de Isabel Lamberti, Mamá mamá mamá, dirixida por Sol Berruezo Pichón-Rivière e a estrea europea de ¿Que hago en este mundo tan visual, da autorÃa de Manuel Embalse.
A sección Encontros, pola súa banda, reunirá a Andrés Goteira, que amosará as primeiras imaxes do seu próximo film e a cineasta Nuria Giménez, autora de My Mexican Bretzel, film que clausurará o programa. Na apertura poderá verse Lúa Vermella, último traballo de Lois Patiño. Como é habitual, o festival contará cunha mesa sectorial que reunirá responsables da coordinadora de festivais audiovisuais PROXECTA e de CREA, asociación de profesionais da dirección e a realización.
A atender á actual situación sanitaria, a organización reduciu a 98 persoas a asistencia ás proxeccións. Ademais, creou unha canle propia na plataforma Filmin onde se poderá acceder de xeito remoto aos filmes das seccións oficial e Latexos, asà como a unha selección de obras presentes en anteriores xeiras, durante a duración do programa. Tamén se transmitirán en streaming os contidos dos Encontros e as propostas formativas do #Lab serán en liña.