Do 27 de xuño ao 2 de xullo Pontevedra acolle a edición 02 do festival Novos Cinemas. O evento medra nesta xeira a incorporar unha nova sección competitiva, Latexos, que segundo a organización quere "achegar ao público a un cinema máis oculto e emocional, máis fráxil, pero tamén potente que merece ter unha cabida dentro das salas de proxección". Catro producións optarán nela ao Premio Numax, que inclúe a proxección dentro desta sala compostelá. Canda a esta, a sección oficial contará de novo con nove producións a concurso, das que dúas serán españolas. Ángel Santos e Suso Novás, membros da dirección de Novos Cinemas presentaron onte o evento nun acto que contou con representantes da Deputación e do Concello de Pontevedra. Na rolda revelaron tamén que Mimosas, de Oliver Laxe, será o filme que clausurará esta edición cunha proxección o 2 de xullo no teatro principal.
En total serán 40 os filmes presentes nesta edición, entre eles varios non presentados aínda nas salas como Los objetos amorosos de Adrián Silvestre e Verano 1993 de Carla Simón, estreas a nivel estatal como Piedra y pájaro e Borrá todo lo que dije del amor porque no sabía bien quién era e primicias mundiais como Comienza y termina de Bruno Delgado. Badlands ópera prima de Terrence Malick, unha retrospectiva do cineasta arxentino Matías Piñeiro, que tamén ofertará unha clase maxistral, a proxección de María (y los demás) de Nely Reguera, presentacións dos proxectos en desenvolvemento de Diana Toucedo e de Álvaro Fernández Pulpeiro e seccións de encontros profesionais e para público familiar fan tamén parte do programa.