
O festival organizado pola Asociación Cultural Novos Cinemas e Matriuska Producciones inaugurarase estreando en Galicia a primeira pelÃcula de Raúl Capdevila: "Los saldos" (2022). Trátase dun documental de produción galega estreado mundialmente no certame helvético Visions du Réel, no que colisionan os conceptos de granxa e macro-matadoiro. Na pelÃcula, José Ramón Capdevila, o último de tres xeracións de labregos e gandeiros, recibe a noticia de que o seu fillo Raúl vai volver á casa despois de non atopar traballo na cidade. Coa esperanza de encontrar algo mellor, ambos volven traballar xuntos na granxa, ao tempo que, na vila, se anuncia o desembarco do "Grupo Pini", importante empresa do sector cárnico que quere construÃr un enorme macro-matadoiro. O arxentino Santiago Fillol clausurará o certame con 'Matadero' (2022), unha obra intensa sobre a loita de clases durante a rodaxe dun documental na Pampa no 1974.
Seccións e colaboracións
A cineasta, guionista e produtora Susana Nobre, visitará Pontevedra como protagonista da sección FOCO. Ademais de presentar os seus filmes, a realizadora lisboeta manterá un encontro aberto ao público no que afondará nos factores que condicionan unha obra que denota a súa capacidade para transcender códigos xenéricos coa fin de retratar diversos itinerarios da existencia contemporánea. Na Sección Latexos o público atopará as últimas creacións de Malena Solarz, Carlos Pardo Ros, Ione Atenea e Amat Vallmajor del Pozo. A colaboración do festival co Institut français cinéma, IFcinèma fai posible tamén a proxección da longametraxe 'A colina onde ruxen as leonas' (La Colline où rugissent les lionnes), de Luà na Bajrami, para alumnado da ESO e Bacharelato. A sección #AULA complétase coa volta ás escolas con Na Clase e as proxeccións no Teatro Principal; o Encontro entre un cineasta galego, Xacio Baño, e o alumnado de estudos artÃsticos da cidade; e un obradoiro para nenos e nenas arredor da figura de Tim Burton. Ademais, o público poderá achegarse aos procesos de ideación e creación de Andrés Sanjurjo e Zeltia Outeriño, cineastas galegos cuxos proxectos foron seleccionados e asesorados polo #LAB do festival en pasadas edicións. O programa completarase con diverso obradoiros e mesas de encontro e discusión.