Primeira película en galego e Premio do xurado de Cannes

'O que arde' de Oliver Laxe inicia o seu palmarés no festival francés

27/5/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fotograma de 'O que arde'

Houbo que agardar 72 edicións do Festival de Cine de Cannes para poder ver nesta cita audiovisual de impacto global a proxección dunha película en galego, pero este fito non quedou só na proxección de O que arde, senón que tamén incluíu o recoñecemento en forma de premio. Oliver Laxe (París, 1982), presentaba por terceira vez película en Cannes, aínda que era a primeira dentro da sección oficial, e con O que arde, dentro da sección Un certain regard triunfaba recibindo o premio do xurado. Anteriormente coa súa primeira longametraxe (2010), gravada en Marrocos, participará na Quinzaine des Réalisateurs paralela ao festival, e con Mimosas (2016) acadou o Premio da Semana da Crítica de Cannes, outra sección paralela ao evento. Desta vez, cunha historia na que o director roda por vez primeira en Galicia e tratando un tema tan propio como o dos incendios forestais no rural, Laxe chega de Cannes cun premio oficial do xurado que xa será carta de presentación desta película, malia que o seu percorrido por certames aínda está comezando. A iso se lle suman as moi boas críticas acadadas polo filme en medios especializados de diferentes países grazas a esta proxección. O realizador franco-galego recollía o seu premio en compañía dos seus actores protagonistas non profesionais, Amador Arias Mon e Benedicta Sanchez. A película chegará ás salas previsiblemente a finais deste ano da man da distribuidora NUMAX.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

24/05/2010

O capitán, Oliver

Oliver Laxe gaña o premio da crítica en Cannes coa súa ópera prima

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Oliver Laxe, Cine, Numax...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares