'Sirat' de Oliver Laxe competirá na Sección oficial de Cannes

A nova película do realizador de 'O que arde' entra pola porta grande do prestixioso festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Imaxe da rodaxe de 'Sirat' © Quim Vives

Imaxe da rodaxe de 'Sirat' © Quim Vives

Nunha rolda de prensa transmitida hoxe en directo polo festival o delegado xeral, Thierry Frémaux, confirmou a presenza dentro da Sección oficial competitiva da 78ª edición do Festival de Cannes da película 'Sirat' de Oliver Laxe. Frémaux lembrou o paso anterior de Laxe polo festival cando en 2022 recbiu por 'O que arde' o premio do xurado dentro da sección Un certain regard, o delegado indicou que este ano presentáronse case 3.000 películas co certame. 'Sirat' é a cuarta longametraxe de Oliver Laxe, producida por Movistar + e El Deseo, a película está protagonizada por Sergi López e Bruno Núñez xunto un grupo de actores non profesionais, como é habitual no realizador franco-galego. A historia escrita por Laxe e Santiago Fillol e unha 'road movie' ambientada en Marrocos, na que un pai e o seu fillo buscan á súa filla e irmá desparecida por festas 'rave' nese país. Dentro desta competición oficial estará tamén o filme 'Romería' rodada por Carla Simón ('Alcarrás') en terras galegas. O festival comezará o vindeiro 13 de maio.

Que che parece esta nova?
137 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oliver Laxe, Cannes, Carla Simón, Marrocos...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares