O capitán, Oliver

Oliver Laxe gaña o premio da crítica en Cannes coa súa ópera prima

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O capitán, Oliver

A nova correu de boca en boca e as redes sociais comezaron a rebulir esta fin de semana. O galego Oliver Laxe acababa de gañar o premio FIPRESCI, concedido pola Federación Internacional de Críticos de Cine no Festival de Cannes, onde participaba na sección paralela Quincena de Realizadores coa súa película Todos vós sodes capitáns. Un poético filme en branco e negro que conta un proxecto colaborativo que Laxe rodou en Tánxer, cidade na que vive actualmente. Oliver acudiu a recoller o seu premio acompañado de parte do seu equipo: o seu irmán Felipe e o amigo e coprodutor Martin Pawley. O premio que recibe este filme, apoiado desde a Axencia Audiovisual Galega, marca un fito na historia do audiovisual galego.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oliver Laxe, Cannes, Ópera, Cine...

Claves

Protagonistas
Lugares