Óliver Laxe impartirá en Tánxer un obradoiro cinematográfico

Unha mostra online exhibe os antecedentes de Todos vós sodes capitáns, premio Fipresci en Cannes

13/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un obradoiro estético de carácter teórico-práctico para estudantes, docentes, artistas ou cinéfilos en xeral. "Imaxes fráxiles" desenvolverase do 5 ao 10 de marzo na Cinematheque de Tanger. O realizador galego Óliver Laxe (París, 1982) será o encargado de impartir este seminario que parte da consideración da imaxe como ferramenta de transmisión e do cine como vehículo de expresión artística. Esta cita organízaa o festival Márgenes do Cine Español, un espazo que pecha esta mesma semana a exposición en liña na que pretendía adentrase nas orixes cinematográficas do gañador do premio Fipresci na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes. Os experimentos de Óliver Laxe exhibe tres traballos de Laxe anteriores ao seu multipremiado Todos vós sodes capitáns.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

24/05/2010

O capitán, Oliver

Oliver Laxe gaña o premio da crítica en Cannes coa súa ópera prima

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Obradoiro, Cannes

Claves

Conceptos
Lugares