Tres producións galegas asisten á cita do cine independente español, o Festival Internacional de Xixón

O certame desenvolverase do 19 ao 27 de novembro

15/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Todos vós sodes capitáns de Óliver Laxe (coa que gañou o Premio Fipresci na Quincena de realizadores de Cannes), Gato encerrado de Peque Varela, e Fantasmas #1 de Ángel Santos son as tres producións que estarán presentes na programación do Festival Internacional de Xixón. É a cita do cinema independente español máis importante do Estado. Dos títulos galegos só o de Óliver Laxe estará na sección competitiva e entre os seus rivais estará Todas as cancións falan de min de Jonás Trueba, fillo do coñecido director Fernando Trueba. O Festival, que comeza o venres, desenvolveráse ata o vindeiro día 27.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

24/05/2010

O capitán, Oliver

Oliver Laxe gaña o premio da crítica en Cannes coa súa ópera prima

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xixón, Ángel Santos, Cannes

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares