Óliver Laxe presenta a súa primeira longametraxe na Quincena de Realizadores en Cannes

Participa na sección paralela independente do prestixioso festival

“Hoxe é o día máis grande do audiovisual galego”. As redes sociais fervían onte ante a publicación oficial de que o realizador coruñés, Oliver Laxe (París, 1982), participará na Quinzaine des Réalisateurs na que dá acubillo a novos talentos que agroman na diversidade cinematográfrica e no que Óliver é o único español seleccionado. Neste certame, organizado pola Societé des réalisateurs de films en Cannes, de xeito paralelo e independente ao prestixioso festival de cinema, participaron no seu momento Ken Loach, Manoel de Oliveira, Costa ou Francis Ford Coppola. Laxe presentará a súa primeira longametraxe Todos vós sodes capitáns que el dirixiu, produdiu e protagonizou. Un traballo de baxísimo orzamento que foi rodada en Marruecos que abre, pola porta grande, o seu paso por festivais. A cita, na localidade francesa, será do 12 ao 23 de maio.