'Sycorax' de Lois Patiño estará na Quincena dos realizadores de Cannes

A curtametraxe foi seleccionada para a sección paralela do festival francés

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de Sycorax  / Fílmika Galaika

Fotograma de Sycorax / Fílmika Galaika

A curtametraxe Sycorax co-dirixida por Lois Patiño e o cineasta arxentino Matías Piñeiro foi seleccionada polo comité da Quincena dos realizadores / Quinzaine des Réalisateurs, a sección independente do Festival de Cannes que selecciona as cinematografías máis singulares e visionarias. O filme exhibirase o vindeiro 13 de xullo dentro da programación desta selección paralela ao festival francés e pola que no seu momento pasaron outras producións con selo galego coma Decorado (2016) de Alberto Vázquez e a ópera prima de Óliver Laxe Todos vós sodes capitáns (2010).

Sycorax, é unha coproducción de Filmika Galaika coa portuguesa Bando à Parte, baseada libremente na obra de Shakespeare A tempestade e rodada nas illas Azores. A curtametraxe conta co laureado director de fotografía Mauro Herce ( gañador do Mestre Mateo e do Goya polo seu traballo en Lo que arde) e as actrices Agustina Muñoz, Diana Diegues e Susana Abreu. A colaboración entre o vigués Lois Patiño e o arxentino Matías Piñeiro manterase tras esta curtamentraxe extendendose na elaboración dunha vindeira longametraxe de semellante inspiración shakespiriana de título Ariel, que agardan comezar a rodar no vindeiro ano 2022.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O capitán, Oliver

O capitán, Oliver

Oliver Laxe gaña o premio da crítica en Cannes coa súa ópera prima

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Cannes, Alberto Vázquez, Ópera...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares