Cineuropa en trailers: martes 30

Óliver Laxe recibe o premio Cineuropa 2010 na última gala desta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de "Todos vos sodes capitáns"

Fotograma de "Todos vos sodes capitáns"

Esta noite chega a Cineuropa o segundo e último dos premiados por este encontro que dirixe José Luís Losa. Nesta ocasión, a alfombra vermella prepárase para recibir a un galego (naceu en París pero é fillo de emigrantes) que coa súa ópera prima gañou o premio Fipresci para novos realizadores que concede a Quincena de Realizadores (sección paralela e independente do Festival de Cannes). A súa obra, Todos vós sodes capitáns (producida en Galicia, con subvención galega pero rodada en Tánxer), proxectarase en pase único neste encontro despois de que Laxe recolla o seu premio.

martes 30
[TEATRO PRINCIPAL]
21:00 h Gala premio cineuropa :
Oliver Laxe
Proxeccion: TODOS VOS SODES CAPITANS.

[AULA SOCIOCULTURAL DE CAIXA GALICIA]
22:45 h LA MITAD DE OSCAR
Manuel Martin Cuenca

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O capitán, Oliver

O capitán, Oliver

Oliver Laxe gaña o premio da crítica en Cannes coa súa ópera prima

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cineuropa, José Luís Losa, Ópera, Cannes...

Claves

Conceptos
Lugares