Pilar López de Ayala e Óliver Laxe, premios Cineuropa

O encontro comeza mañá coa proxección de Neds, cuncha de Ouro en San Sebastián

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“Hai unha línea máxica de conexión entre Cineuropa (Festival de Cine de Santiago) e Pilar López de Ayala, actriz que stivo presente noutras edicións a través de numerosas peliculas, algunhas delas doutros premiados como José Luís Guerín ou Manuel de Oliveira” afirmaba Jose Luís Losa, director artítico de Cineuropa ao anunciar os premiados desta edición. Canda ela, o outro premiado é o galego Óliver Laxe, que regresa ao festival para presentar “Todos Vós sodes capitáns” (no 2009 presentou un avance do filme) co que foi galardoado co Fipresci, premio da crítica da Quincena de Realizadores do Festival de Cannes. A cita co cinema comeza mañá, mércores 10, coa proxección de Neds, cuncha de Ouro en San Sebastián.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Ouro, Manuel de Oliveira...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares