Cineuropa mantén a súa aposta polo cinema comprometido na súa 24 edición

O certame exhibirá 130 títulos entre o 10 de novembro e o 3 de decembro

29/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
20 lecturas | Compartido 0 veces

Fiel ao outono, a concellaría de Cultura de Compostela acaba de facer un adianto da súa cita multitudinaria o festival Cineuropa. Como ben sendo habitual, Cineuropa comeza cun título premiado nun gran festival europeo, e este ano o escollido é Neds, Cuncha de Ouro en San Sebastián (mércores 10 no Teatro Principal) . E como peche Secuestrados, unha produción da produtora galega Vaca Films que tivo moi boa acollida en Sitges e no fesitval de cine de Austin. No medio, 130 títulos de gran calidade que continúan “na liña coherente do festival” tal e como apuntou o seu director artístico, Jose Luis Losa. Manuel de Oliveira, Abbas Kiarostami, Jean Luc Godard... son algúns dos directores cuxos filmes se poderán ver neste certame que se mantén en canto a filosofía, esquelete e prezos (20 euros o bono, 3 euros a entrada e 0.50 céntimos o programa).
O programa oficial e definitivo do festival non se coñecerá ata o día antes de que comece o certame, pero a organización xa deu a coñecer algún dos títulos que se verán en Compostela. Case o palmarés completo de Cannes (O tío Boonmee lembra as súas vidas pasadas, Palma de Ouro; Of God and men, Gran Premio do Xurado; Tournee premio a Mathieu Amarlric como mellor director; Poetry, premio ao Mellor Guión e Copia certificada de Abbas Kiarostami, en Juliette Binoche premiada pola súa interpretación), películas premiadas na Berlinale (Bal), San Sebastián (Elisa K, Gran Premio do Xurado) ou Karlovy Vary (La Mosquitera, Gran Premio).

Universo culturagalega.gal

04/11/2009

A cita ineludible

Cineuropa arrinca reivindicando o seu potencial como gran festival de Galicia

03/11/2008

As imprescindibles

O director de Cineuropa, José Luis Losa, selecciona os filmes que non te debes perder

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados