Cineuropa comezará o 9 de novembro fiel á fórmula de "festival de festivais"

A vindeira semana presentarase o programa completo da vixésimo quinta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

"O cabalo de Turín" (de Bela Tarr, galardoado co Oso de Prata en Berlín), "Le Havre" (de Aki Kaurismaki, Premio da Crítica en Cannes), "Fausto" (de Aleksandr Sokurov, León de Ouro en Venecia), "Route Irish" de Kean Loach, "L’Apollonide" de Bertrand Bonello, ou acontrovertida "Hors Satan" de Bruno Dumontson algúns dos títulos que se poderán ver nesta edición de Cineuropa. Nesta ocasión, o festival dirixido por Jose Luís Losa, cumpre 25 anos fiel á súa liña de traballo de cinema independente e de traer filmes premiados noutros festivais internacionais. O vindeiro 4 de novembro presentarase ao público o programa completo, os gañadores do premio Cineuropa deste ano e "sorpresas" para celebrar as vodas de prata. O Teatro Principal, o Salón Teatro , o CGAC e os espazos da Fundación NovaCaixaGalicia serán a sede deste festival.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

As imprescindibles de 2011

As imprescindibles de 2011

Jose Luis Losa, director de Cineuropa, escolma cinco títulos da programación do festival

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Teatro, Ouro...