Xa dispoñible o programa de Cineuropa 2015

Mañá presentarase o festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Xa podes consultar no web de Cineuropa a programación de 2015, aínda que mañá será presentada a explicada por José Luis Losa en rolda de prensa, co alcalde Martiño Noriega. O programa do festival abrirase co filme Le Nouveau, unha comedia vital sobre a preadolescencia que lle valeu ao seu director, Rudi Rosenberg, o Premio Novos Realizadores do Festival de Cinema de San Sebastián. Cineuropa celébrase nesta 29ª edición do 6 ao 29 de novembro en cinco salas da cidade: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Sede Afundación e Auditorio de Galicia

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As imprescindibles

As imprescindibles

O director de Cineuropa, José Luis Losa, selecciona os filmes que non te debes perder

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Teatro, Comedia...