Cineuropa proxectará os filmes gañadores en Venecia e Berlín na súa edición número 25

A cita chegará ao calendario no habitual mes de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O vindeiro mes de novembro dará comezo en Santiago Cineuropa. Unha cita fiel ao calendario que está a ultimar as súa programación de cara unha edición que celebrará as súas vodas de prata. Da programación sábense algúns títulos que estarán presentes nesta cita, como os filmes gañadores do León de Ouro da Mostra de Venecia (Fausto, o filme que completa a tetraloxía de Alexandre Sokurov sobre o poder) ou o Oso de Prata da Berlinale (Un cabalo Turinés de Béla Tarr). Haberá sorpresas para o público nunha edición que repetirá a fórmula habitual de “festival de festivais” con numerosas cintas procedentes de Asia, África e Latinoamérica.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

As imprescindibles de 2011

As imprescindibles de 2011

Jose Luis Losa, director de Cineuropa, escolma cinco títulos da programación do festival

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cineuropa, Berlín, Mostra de Venecia, Ouro...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos